Quero hoxe reseñar unhas cuantas reflexións sobre a igrexa románica de Santa María de Cambre, reflexións sobre a súa simboloxía matemática.
Efectivamente, as cousas posúen unha estrutura matemática, de xeito que a Idea e o Número son a única realidade auténtica das cousas, de acordo cun modelo creado por Deus. Desde este punto de partida a matemática explica precisamente a harmonía dos templos románicos, que deriva da xeometría platónica transmitida aos mestres construtores das catedrais.
Como veremos, o templo cristiano, como é o caso de Santa María de Cambre, no só se conforma como unha imaxe "realista" do cosmos, senón tamén como unha imaxe "estrutural": representa e reporduce a estrutura íntima e matemática do universo. é a forma cadrada da Xerusalén Celeste, relacionada directamente coa arquitectura dos templos. Na igrexa de Cambre pódese apreciar toda esa simboloxía, coa sabia combinación entre todos os elementos mencionados, o que sen dúbida conferiralle harmonía e proporción.
Ventá esquerda da fachada occidental con cinco arquiños de ferradura

Os dous números que xogan o papel máis destacado na elaboración da harmonía e da proporción entre as partes dun edificio relixioso románico son a Década (Tetraktys ou suma dos catro primeiros números, 1 + 2 + 3 + 4 = 10) e a Péntada. A Péntada (chamada polos pitagóricos "número nupcial") é o arquetipo ou paradigma abstracto da xeración: resulta de xuntar o primeiro número par -matriz- co primeiro número impar -varón- (2 + 3 = 5). Así, o Cinco é o número da harmonía e da beleza, en particular do corpo humano. Por iso, si o vencellamos á construción do templo (que corresponde ao home deitado cos brazos en cruz) entenderemos rápidamente as correspondencias simbólicas co número nupcial. O Cinco é así o número do amor creador e da beleza harmoniosa e viva, conferida por Deus creador ao universo por medio do home.
Na igrexa de Santa María de Cambre o número cinco aparece continua e repetidamente, conxugado cos números tres e oito (número de Cristo): cinco ábsidas, cinco tramos da nave central, cinco asrcos nas ventanas, oito columnas cilíndricas da ábsida central, oito óculos raiais, oito piares da nave central, etc
No hay comentarios:
Publicar un comentario